Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os V Premios Martín Códax repártense entre o máis destacado da escena musical

SONIA LEBEDINSKY RECOLLEU O RELEVO DE RAMóN BERMEJO COMO VOCEIRA DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DE MAV

Os V Premios Martín Códax repártense entre o máis destacado da escena musical

MISCELáNEA | maio 10, 2018

imaxe non dispoñible

Un ano máis completouse o aforo do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar a quinta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música. A gala destes galardóns impulsados pola Asociación de Músicos ao Vivo (MAV), co patrocinio das Bodegas Martín Códax, demostrou con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa produción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector. Durante a gala oficiouse o relevo na directiva da MAV co discurso de despedida do xa ex-voceiro, Ramón Bermejo, e o de entrada da nova voceira, Sonia Lebedinsky, acompañada do resto dos membros da xunta entrante.

Foi unha gala conducida polo humor do monologuista Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila, grazas ao que puidemos ver ao personaxe de Dora en animación recibindo aos asistentes da gala coa dobraxe en directo de Carlos Blanco, adornando as súas intervencións cun irónico humor e reivindicacións para aos que traballan ao vivo. A animación musical contou, como era previsto, coa banda The Cool Experience e a actuación sorpresa de Tanxugueiras( finalistas na categoría de música tradicional e folk).

Premiados con moita experiencia
A puxante categoría de música Electrónica abriu a noite e o premio foi para Mounqup, artista gañadora o pasado ano do Premio Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña. No reparto dos premios a decisión do xurado para as 18 categorías repartiuse entre proxectos veteranos e outros máis novos. Así, na categoría de Pop e Indie, unha das conta con mais inscritos, os vigueses Eladio y los seres queridos, foron os premiados repetindo galardón que xa obtiveron na primeira edición destes premios e impoñéndose a Espiño e Novidades Carminha. A banda alternativa IGMIG levouse o Martín Códax do Rock e recolleu o galardón cun inintelixible discurso a dúo tan alternativo como a súa proposta musical. Xosé Lois Romero e Aliboria alzaron o premio na categoría que este ano xuntou Música Tradicional e Folk por vez primeira. O Premio Martín Códax de Canción de autor foi ás mans da veterana Uxía elixida ante Caxade e a A banda da loba, finalistas desta categoría. A cantante non puido acudir a recoller o premio por acharse fóra do país pero na súa nota de agradecemento, leída por Blanco, reivindicaba o apoio ao programa da Radio Galega Diario Cultural.

Outra categoría que cada ano colle máis pulo é a relativa á Música Infantil. Este ano foi a Gramola Gominola a que recolleu o galardón. Brais Morán, antigo membro de Loretta Martin que estes días ven de sacar un novo disco, No mato do desespero, que xa está defender en directo, recolleu o premio Martín Códax de Músicas do Mundo. A veterana formación Som do Galpóm alzouse teste ano co Premio de Hip-hop e músicas urbanas. O galardón de Reggae, Ska e mestizaxe foi a para a mans de Chotokoeu. Outros vencedores aos que o galardón colle en plena xira de presentación dun novo traballo foron The Lákazans. O grupo, que está a presentar Sandwina, levou o Premio de Blues, Funk e soul.

A reivindicación tamén estivo presente no Premio de Música Metal, levando este ano Arrhytmia este galardón e solicitando a continuidade do Diario Cultural e o paoio dos medios públicos galegos á música. O festival de rock duro Resurrection Fest, o máis grande e exteriormente recoñecido dos eventos que se fan no territorio galego, levou o premio na categoría Organistrum, de Festivais para os seu promotores Old Navy Port Producciones. Tamén no eido dos Organistrum, o Premio á Mellor Sala foi para a veterana Sala Garufa Club de A Coruña, que competía con outra gran veterana como El Contrabajo Club, de Vigo. O espazo na rede, Ábrete de Orellas, de Pepe Cunha, repite como Mellor espazo de comunicación musical, galardón que xa recibira na terceira edición dos premios.

No apartado da Música Vocal o Martín Códax foi para a formación Encaixe, que recentemente protagonizou a amenización musical doutra gala, a dos Premios María Casares de Teatro. mentres que o Yago Vázquez Trío recibía o de Jazz e Músicas Improvisadas e o proxecto Diásporas do percusionista Roberto Oliveira obtiva o Premio Martín Códax de Música Clásica e Contemporánea. A verbena tamén tivo o seu sitio nesta gala coa entrega do Premio á Mellor Orquestra para o Grupo Limón, unha novidosa formación que tenta darlle pulo á verbena en galego.

Relevo de voceiros
Cara ao final da gala foi o momento reservado para o discurso de Músicos Ao Vivo, organizadores e promotores destes Premios. Ramón Bermejo, voceiro da asociación, recorda que MAV cumpre 10 ano de existencia e que este ano despídese a antiga Xunta Directiva e da paso á nova, composta por 9 artistas. Bermejo non quixo deixar de recordar que desde o 1 de Febreiro deste ano MAV existe como cooperativa galega e seguiu a falar da nova Lei de Espectáculos "Non se pode vivir permanentemente ao pairo dunha lei redactada de forma ambigüa, e que deixa a música ao vivo, unha vez máis, nun terreo esvaradizo e inseguro" afirmou. Bermejo tamén amosou o seu rexeitamento á desparición do programa Diario Cultural da grella da Radio Galega ao tempo que solicitou unha rectificación nese sentido dos responsables da CRTVG. Bermejo tamén anunciou a creación dentro de MAV dun Observatorio de Igualdade que vele pola equidade de xéneros en todas as accións nas que tome parte a propia asociación.

Sonia Lebedinsky tomou o relevo como voceira da nova directiva cun decidido discurso no que incidiu sobre o sentido deste movemento asociativo e das súas loitas e tarefas como ferramentas do futuro. "Temos a teima e a necesidade de seguir apostando por mudar as cousas por sentirnos libres para crear e falarlle ao mundo. A propia música é a que nos dá os porqués para continuar -dixo a músico e voceira- , por que hai silencios que nos berran, por que a música e as palabras constrúen o relato colectivo, por que a música ten o poder de axitar conciencias, por que o futuro estivo sempre cheo de utopías que hoxe son realidades". A representante da nova xunta directiva da asociación fixo un alegato pola necesaria visibilidade: "non se coñece o que non se ve nin se escoita". Unha das primeiras decisións da nova directiva, segundo anunciou Lebedinsky, é mudar o propio nome da Asociacióna, que agor pasa a chamarse Músicas Ao Vivo, nunha feminización inclusiva.

O momento emotivo chegou coa entrega do Premio de Honra ex-aequo a dous veteráns músicos "de base", Quique Alvarado e Pepe Bordallo recolleron o galardón cun emocinante discurso de recordo no que amén se mencionaba ao desaparecido Gonzalo Villar.

PALMARÉS:


Descubre máis sobre algúns dos premiados nestas ligazóns:

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer