Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records

A FORMACIóN GALEGA GRAVOU STRAVINSKY - MUSIC FOR VIOLIN, VOL.2 PARA A FIRMA SUECA

A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records

CLáSICA/LíRICA | maio 24, 2018

estravinsky_bris_OSG.jpg

A prestixiosa discográfica sueca BIS Records, especializada en música clásica, acaba de incorporar o traballo da Orquestra Sinfónica de Galicia ao seu catálogo. O álbum Stravinsky - Music for Violin, Vol.2 recolle a orquestra a acompañar o violinista Ilya Gringolts baixo dirección de Dima Slobodeniouk no Concerto para violín e orquestra. Ademais, inclúe pezas como a Variación de Apolo, Tango, Elexía, Balada, Suite Italiana e Divertimento. Tamén se pode escoitar a Pastoral do mesmo autor, na que participan como solistas membros da OSG como Casey Hill (oboe), Scott MacLeod (corno inglés), Juan Ferrer (clarinete) y Steve Harriswangler (fagot). A gravación realizárona técnicos da compañía sueca no Palacio da Ópera da Coruña en abril de 2017.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer