Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Benedicto, membro fundador de Voces Ceibes

NOS úLTIMOS ANOS RECIBIRA HOMENAXES MULTITUDINARIOS POLO SEU TRABALLO MUSICAL

Falece Benedicto, membro fundador de Voces Ceibes

CANTAUTOR | xuño 4, 2018

imaxe non dispoñible

Mestre, sindicalista pero por riba de todo coñecido como cantautor. Benedicto García Vilar, cofundador do movemento de cancións protesta Voces Ceibes en 1968, faleceu a pasada noite en Compostela aos 71 anos por mor da enfermidade dexenerativa que viña padecendo desde hai tempo. O seu labor a prol da cultura do país fora recoñecido nos últimos anos con concertos homenaxes como os que se lle tributaron en Compostela en 2014 e na Illa de Arousa, de onde era orixinario, en 2015. No seu haber, fitos como a gravación de diferentes discos, un longo traballo como sindicalista en Comisións Obreiras, grande cantidade de colaboracións en medios galegos como articulista ou o libro Sonata de amigos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer