Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace o Festival Internacional de Jazz de Bueu

A CITA MORRACENSE COMEZA ESTE XOVES A SúA PRIMEIRA EDICIóN

Nace o Festival Internacional de Jazz de Bueu

JAZZ/BLUES | xuño 6, 2018

imaxe non dispoñible

O Concello Pontevedrés de Bueu une o seu nome ao dos circuítos de jazz coa presentación do que será o seu primeiro festival internacional deste xénero. A Asociación de Jazz de Bueu corre coa coidada organización do I Festival de Jazz de Bueu que se celebrará do 7 ao 10 de xuño en diversas localizacións da vila morracense. O evento consistirá en diversas actividades, cinco concertos, e dúas jam sessions con horarios que cubren as xornadas desde o mediodía ata a noite. A participación internacional será dun 11%, con músicos de tres nacionalidades, o baterista iraní Shayan Fathi, o baixista holandés Felix Barth e o saxofonista italiano Rosollino Marinello. Outro 11% son de diferentes comunidades da Península, dando especial protagonismo aos músicos galegos, que suporán o 78% dos participantes do festival con nomes que será cabezas do cartel como o guitarrista Virxilio da Silva presentando JUZZ, o novo proxecto musical que lidera. O saxofonista gaditano Antonio Lzina e o seu grupo son outro dos nomes destacados do cartel.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer