Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pauliña preséntase no panorama musical con De-Xeneración

A CANTANTE MESTURA POP, FOLK, BLUES OU SOUL NO SEU PRIMEIRO TRABALLO

Pauliña preséntase no panorama musical con De-Xeneración

POP | xuño 18, 2018

de_xeneracion_paulinha.jpg

Desde Cambados chega Paula Chave, Pauliña a engrosar a listaxe de músicas que traballan na nosa lingua. Os oito temas de De-Xeneración son a carta de presentación desta artista que mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación e que ven a luz da man de Xoinx Records. Gravado nos estudios desta firma en Bandeira, o tema de presentación, Non é ficción contou coas colaboracións de Heredeiros da Crus e Os Diplomáticos de Monte Alto, entre outros. Lolo Arinción, Francisco Montoto, Julián Gullón e Iago Jorge compoñen a banda que acompaña a Pauliña neste primeiro lanzamento.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer