Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O XIV Zona da Zanfona amplía o seu programa

O ENCONTRO DE RIANXO PUBLICA UN CANCIONEIRO PARA ESTE INSTRUMENTO NA REDE

O XIV Zona da Zanfona amplía o seu programa

FOLK | xuño 28, 2018

imaxe non dispoñible

Coas prazas esgotadas chega a Rianxo, os vindeiros 6,7 e 8 de xullo, a XIV edición de Zona da Zanfona. O encontro de zanfonistas conta este ano co sueco Johannes Geworkian Hellman que ofrecerá un concerto solista e un curso para especialistas. Canda a el, Óscar Fernández impartirá o curso de iniciación, e como novidades o programa incluirá un de improvisación oral con Alba María e Benito Lobariñas e outro de bailes do mundo con Mercedes Prieto e Sergio Cobos.

Como actividades abertas ao publico, a praza Rafael Dieste acollerá cada día un concerto ás 22:30 horas. Miro Casabella, Johannes Geworkian o día 6, Baile Assalto con Mala Herba e Óscar Fernández o 7 e un palco aberto ás escolas de zanfona na praza Setefogas da vila o día 8 completan o programa.

Como novidade, a organización comezou a publicación en liña do Cancioneiro #ZdZ que quere compilar pezas para este instrumento que co que crear un repertorio común para intérpretes de todos os niveis. Nestra primeira edición achéganse nove partituras ás que se queren sumar, nos vindeiros anos, novas achegas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer