Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom ou Miguel Lamas protagonizan o II Jazz de Ría

FERROL E MUGARDOS ACOLLEN ESTE FESTIVAL ENTRE OS VINDEIROS 13 E 19 DE AGOSTO

Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom ou Miguel Lamas protagonizan o II Jazz de Ría

JAZZ/BLUES | xullo 2, 2018

imaxe non dispoñible

A lancha que fai o traxecto Mugardos-Ferrol serviu o pasado venres para presentar a segunda edición de Jazz de Ría. Este festival que coorganizan as dúas localidades conta no seu novo cartel con nomes como Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom, Miguel Lamas & Jorge Vera, Low Bay Hot Band ou Abe Rábade, que actuarán entre os días 13 e 19 de agosto. Un obradoiro de jazz para crianzas, outro de improvisación para voces e outro de Lindy Hop a cargo do grupo de baile Swing On Vigo, fan parte dun programa no que todas as actividades son abertas e de balde. Como novidade, o evento incorpora este ano o Castelo de San Felipe aos seus escenarios, e mantén ademais a lancha, os peiraos das dúas cidades, o Cantón de Cora de Mugardos e a Praza Vella e o Baluarte de Ferrol.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer