Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Loro Facu de Miño pecha o cartel para a terceira edición

OS MOTORES DO FREE RIDERS QUéNTANSE COA INCORPORACIóN DE THE FUZZTONES

O festival Loro Facu de Miño pecha o cartel para a terceira edición

ROCK | xullo 6, 2018

imaxe non dispoñible

Todo preparado en Miño para coroarse como vila festivaleira este verán. O Festival Loro Facu ven de pechar cartel con tres novas incorporacións para a súa terceira edición. Entre o 27 e o 29 de xullo a localidade coruñesa acollerá máis de 20 concertos a cargo de artistas e bandas da escena independente, algún deles en formato acústico. O festival ven de confirmar as actuacións de Copaturbo , o acústico de Monoulius DOP e ao dj S.Alma. Sexy Zebras e Los Bengala encabezan o cartel. O festival trasladouse este ao a un emprazamento xunto á Praia Grande que no mes de agosto, cun mes exacto de diferencia, acollerá a segunda edición do Free Riders festival. Un encontro que xunta o gusto polo motor co rock and roll dun xeito natural e que segue incluíndo no seu cartel musical nomes relevantes do xénero.

Entre o 23 e o 26 de agosto o Free Riders reunirá aceiro, goma, gasolina e rock and roll en grandes cantidades. Alén das múltiples actividades relacionadas co motociclismo e a automoción, o cartel de actuacións, que é o que a nós nos incumbe, achega arestora 12 actuacións cunha enorme carga de música anglosaxona que vai desde o rock e o R&B ata o garaxe punk psicodélico. Cabe destacar a actuación de The Professionals, a banda que montaron no seu momento os ex-Sex Pistol Steve Jones e Paul Cook, na actualidade só este último se mantén no grupo e a The Fuzztones, a mítica banda de punk garaxe de Nova York formada nos anos oitenta por Rudi Protrudi, que segue á fronte. Ademais a organización confirmou recentemente a The Dustaphonics e as lendarias británicas Grislchool que compartiron escenario cos máis grandes do rock. Pero non só de lendas vives se abastecen os motores do Free Riders e tamén conta cos ingleses Jim Jones and the Righteous Mind e a enerxía das Thundermother entre outras contundentes propostas nas que non falta a banda local The Artificeros, que repiten este ano tras un bo resultado na primeira edición.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer