Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Culturgal centrará no público a súa undécima edición

A NARRATIVA HISTóRICA E O TURISMO CULTURAL PRESéNTANSE COMO EIXES DESTACADOS DA NOVA XEIRA

Culturgal centrará no público a súa undécima edición

MISCELáNEA | xullo 9, 2018

imaxe non dispoñible

Ti levas o compás é o lema co que se presentaba esta mañá a undécima edición de Culturgal. A Feira das Industrias Culturais desenvolverase en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro coa intención de outorgarlle o protagonismo ao público. A Cidade do Lérez acollía esta mañá a presentación da nova xeira do encontro, que mantén o espazo dedicado á arte contemporánea aberto en 2017. Tal e como se anunciara, Carlos Núñez protagonizará o grande concerto do 1 de decembro, mentres o día 30 haberá unha sesión de artes escénicas a cargo de Inversa Teatro e a súa obra Sofía e as Postsocráticas. O domingo 2 serán o OVIRAVAI e Xoán Curiel os que poñan en escena a música para o público máis cativo. A organización lembra que se abre o prazo para presentar actividades á programación (do 9 de xullo ao 1 de outubro) e reservar postos nesta nova xeira (ata o 15 de novembro).

Na presentación adiantouse tamén que, como é habitual, a xornada inaugural estará centrada no sector profesional. Ademais, a organización adiantou que haberá unha especial atención á literatura histórica. Como novidade, a Deputación da Coruña incorpórase como figura colaboradora á feira a través do departamento de Turismo, que terá un protagonismo especial en 2018 con propostas centradas no turismo cultural. Pepe Barro asina de novo o cartel e a gráfica do evento.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer