Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pablo Díaz continúa a súa carreira na música infantil e lanza Coas miñas mans

QUINCE NOVAS CANCIóNS MESTURAN TEMAS DIDáCTICOS E LúDICOS

Pablo Díaz continúa a súa carreira na música infantil e lanza Coas miñas mans

INFANTIL | xullo 11, 2018

Coas-minhas-mans_pablo_diaz.jpg

Da man da colección Sonárbore de Galaxia chega ás librarías o quinto traballo de Pablo Díaz. Coas miñas mans é un novo libro-CD, ilustrado desta volta por Lucía Cobo no que o músico se centra nas mans. "Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, para debuxar, para pintar, para contar, para sentir...", explica a presentación do álbum. A partir desta base, o músico desenvolveu cancións didácticas sobre números, vocais, cores ou comidas que alternan con cancións lúdicas sobre a primavera, os xogos, as mascotas ou festas como o San Froilán, ademais dunha adaptación do poema Chove en Galiza de Xosé María Díaz Castro. Un total de quince novos temas "para medrar con alegría".

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer