Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O CourelSon leva o blues e o jazz á serra

CATRO CONCERTOS EN DIFERENTES LOCALIDADES DINAMIZARáN MUSICALMENTE O VERáN NO COUREL

O CourelSon leva o blues e o jazz á serra

JAZZ/BLUES | xullo 17, 2018

imaxe non dispoñible

Catro localidades do Courel acollerán unha serie de concertos de Jazz e Blues no que será a primeira edición do CourelSon. Catro concertos ao longo do verán dirixidos tanto á veciñanza coma ó turismo impulsados pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel. Os concertos, de balde, reúnen a catro propostas musicais dentro destes xéneros e terán lugar á tardiña nas Airas e prazas das distintas localidades caurelás o que permitirá gozar, non só da música senón tamén da contorna. Esta primeira edición do CourelSon comezará o vindeiro 26 de Xullo en Seoane do courel coa actuación da banda madrileña de blues Edu Manazas & Whiskey Tren. O 2 de Agosto, en Seceda*, será o momento do dúo belga Tiny Legs Tim. O cuarteto vigués de jazz FoureJazz estarán no serán do 9 de agosto e Parada de Courel e o ciclo terminará por todo o alto coa actuación de Sumrrá en Paderne o 23 de agosto.

* Por cambios de derradeira hora desenvolveráse en FROXÁN a partires das 20:00h.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer