Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Feito a Man presenta a súa 15ª edición e prepara cambios para 2019

CASE SETENTA ESPECTáCULOS ENCHERáN AS RúAS DA CAPITAL ATA O 26 DE AGOSTO

Feito a Man presenta a súa 15ª edición e prepara cambios para 2019

MISCELáNEA | xullo 30, 2018

imaxe non dispoñible

En continuidade das festas do Apóstolo a capital galega acollerá durante o mes de agosto, como xa é habitual, o festival Feito a Man. Este evento organizado desde a Asociación Cultural Cidade Vella composta por empresas hosteleiras do casco antigo celebra este ano a súa 15ª edición pasando un "momento crucial" en palabras de Manu Rodríguez, representante da asociación. O programa completo presentouse hoxe cun acto no que ademais dos representantes da A.C. Cidade Vella tomaron parte Martiño Noriega, alcalde da cidade, e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación provincial. Este ano o festival, que irá desde 1 ao 26 de agosto, ofrecerá sesenta e sete espectáculos nos que 57 bandas ou artistas actuarán en prazas e rúas da cidade vella levando todo tipo de músicas de diferentes xéneros ao verán santiagués. Como ven sendo habitual o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. A escena musical local estará moi rpesente un ano máis neste programa con nomes como Som do Galpóm, The Show Bass, Talabarte, Nastasia Zürcher, Mad Martin Trío ou The Fabulous Resaca Brothers, entre outros. Haberá tamén momentos para as propostas da escena internacional como Napalma (Brasil), Senza, María Reis (Portugal), Pedro Luis Ferrer & Lena Ferrer (Cuba) e Harmónica Creams (Xapón). O evento suma algúns espazos novo como o Xardín de Amarante ou a Rúa Nova aos xa habituais. O quinteto flamenco de Moisés Fernández inaugurá o ciclo este mércores ás 20 horas na Praza Feixóo seguido do concerto de Zafra e Napalma na Praza de Cervantes. Está dispoñible unha aplicación para teléfonos que posibilita a información do programa.

Segundo Manu Rodríguez desde a asociación, que leva dinamizando a vida cultural da cidade desde hai máis de 30 anos, non van deixar de reclamar que o novo marco legal que crea a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a vindeira reformulación do Catálogo de Espectáculos dean cabida a todas as singularidades profesionais da escena musical e artística reais. Esta edición preséntase como unha edición de transición cara a unha evolución do Feito a Man que se verá no 2019 e que Rodríguez e Ánxeles Porto, desde a A.C., deixaron entrever algunhas pinceladas do que será. "Como asociación e como festival estamos nunha encrucillada porque é o momento de dar pasos adiante na dimensión e na profesionalización do festival", asegurou Rodríguez. Na mesma liña de futura transformación do evento, Porto aseguraba que algunhas das ideas nas que traballarán nos vindeiros meses para a seguinte edición xa se poden albiscar este ano a través de colaboracións con outros colectivos da cidade como Compostela Swing, Chan da Pólvora, A MESA, etc. Ademais fixo mención á posibilidade de presentar outros espectáculos de gran envergadura, usar novos espazos e explorar novas tendencias e perspectivas na elaboración do Feito a Man do futuro.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer