Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Groba acollerá a estrea mundial da obra ‘Rosalía na Catedral’

A VOZ CORAL E O VENTO-METAL PROTAGONIZAN ESTA SEXTA ENTREGA

O Festival Groba acollerá a estrea mundial da obra ‘Rosalía na Catedral’

CLáSICA/LíRICA | xullo 31, 2018

imaxe non dispoñible

O Festival Groba regresa cun programa que se desenvolverá do 18 ao 24 de agosto en Ponteareas. A sexta edición desta iniciativa promovida pola Orquestra de Cámara Galega incorpora como principal novidade o protagonismo do son do vento-metal e do da voz coral. O vento-metal terá como máximo representante o instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass. O quinteto galego será o encargado de estrear a obra Distorsións ubedianas, do mestre Groba, dedicada á creación do pintor pontevedrés Rafael Úbeda. Como en pasadas edicións, o festival programará concertos diarios ás 21:00 horas no auditorio municipal, nos que participarán grandes intérpretes cunha longa e importante traxectoria internacional, así como con outros que inician unha prometedora carreira na escena musical. O cartel inclúe tamén o Coro de Cámara de Pamplona, que interpretará, xunto á OCG, a emblemática cantata Cantigas de mar, con textos de Filgueira Valverde, e realizará a estrea mundial dunha das últimas obras compostas polo mestre Groba, Rosalía na catedral. Ademais das obras de Rogelio Groba, formarán parte dos repertorios dos concertos de cada noite compositores como J. Neruda, C. Saint-Saëns, G. Faure, Mozart, E. Granados, Mendelsson, J. Turina, Beethoven etc.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer