Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Uxía, Romaní e Lorenzo encabezan a galeguidade musical do Interceltique de Lorient

ARREDOR DE 130 MúSICOS E BAILADORES DO PAíS PARTICIPARáN NO FESTIVAL BRETóN

Uxía, Romaní e Lorenzo encabezan a galeguidade musical do Interceltique de Lorient

FOLK | agosto 1, 2018

imaxe non dispoñible

O festival folk máis importante do mundo, o Interceltique da vila frnacesa de Lorient na Bretaña, comezará este vindeiro día 3 de agosto cunha importante presenza de artistas de Galicia encabezada por Uxía, Rodrigo Romaní e Anxo Lorenzo. Con 48 anos de existencia o festival bretón congrega durante os seus dez días a máis de 4.500 artistas, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que dá a medida da súa importancia no mundo da música de raíz. Nesta edición dedicada ao País de Gales, a presenza galega é numerosa e destacada, chegando a todos os escenarios do festival con arredor de 130 músicos e bailadores en total, co que acada un dos seus grandes anos na vila bretoa.

O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, tocará no Quai de la Brretagne o martes 7 de agosto e ao día seguinte participará na gran noite da gaita . Tamén chegará ao Interceltique Uxía, que rodeada dunha banda de destacados intérpretes, presentará no Theâtre de Lorient as pezas do seu último traballo, Uxía-o, con letras de Novoneyra. Un dos pratos fortes é Rodrigo Romaní. O arpista de Noia chega para impartir a master-class de arpa o sábado 11 no Palais de Congrès, a previa ao concerto que realizará pola noite nese mesmo espazo acompañado da arpista Beatriz Martínez e a percusionista Xulia Feixóo.

O Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas. A nivel de formacións tradicionais tamén estarán presentes nesta 48ª edición do Intercelqtique a Banda de Gaitas Sons da Chaira, de Rábade, e grupo de baile da Mariña luguesa Saiñas. Seimeira tocarán dentro da programación das músicas sacras.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer