Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A primeira parte do festival 17 graos Ribeira Sacra deixa un impacto de 250.000 euros

A EMPRESA ORGANIZADORA PRESENTA UN BALANCE POSITIVO COA CREACIóN DE 70 EMPREGOS

A primeira parte do festival 17 graos Ribeira Sacra deixa un impacto de 250.000 euros

MISCELáNEA | agosto 2, 2018

imaxe non dispoñible

O pasado domingo, día 29, concluía a primeira parte do Festival 17º Ribeira Sacra, nomeada 17º Paisaxe, que segundo os datos achegados desde a organización deixou tras de si un resultado moi positivo cuantificado este balance a través de varias cifras. Algunhas delas inclúen 4.000 visitantes, ocupacións hoteleiras do 100% nos concellos nos que tiveron lugar os eventos principais; desde a empresa i-radia Crea calculan un impacto económico de 250.000 euros, un gasto medio por participante de 180 euros e a creación de 70 empregos, 30 dos cales correspondían a residentes na Ribeira Sacra. Esta cifras achegadas desde a empresa organizadora complétanse cos da distribución da orixe dos asistentes que implican que o evento conseguiu atraer ao 16% do seu público de fóra de Galicia e entre a asistencia galega o 30% chegaban da provincia de Lugo, 24% de Coruña, 24% de Pontevedra e o 6% de Ourense. Para o 80% esta era a primeira vez que viaxaban á Ribeira Sacra e todo o público afirmaba a súa intención de volver á zona noutros momentos do ano.

O primeiro fin de semana do Festival 17º Ribeira Sacra tivo como escenarios distintos lugares da provincia de Lugo e terá a súa segunda parte, 17º Patrimonio, os vindeiros 4 e 5 de agosto. O día 27 de xullo abríase o festival co concerto de Marem Ladson no Catamarán de Doade. Para continuar a tarde, no Escenario Alhambra, ubicado no Mirador de Santiorxo, cos grupos Gloria e Ghost Beast, e Morgan e The Harvesters pecharon o primeiro día na bodega Regina Viarum, lugar onde se ubicou unha zona gastronómica. O sábado 28 o Parador de Monforte acollía as principais actuacións do día con Coque Malla, Woods, Puerto Candelaria, Freedonia e Fuckaine. Na mañá do domingo 29, Holly Miranda actuaban na bodega Vía Romana, mentres na Praza de España de Chantada actuaban De Vacas e Bifannah. Ademais da parte musical, o festival ofrece numerosas actividades que permiten coñecer en profundidade a riqueza vinícola e gastronómica da Ribeira Sacra.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer