Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Comeza o ciclo sobre os 250 anos de ópera na Coruña cunha conferencia de Juan Durán

LéMBRASE A ESTREA DA óPERA 'O ARAME' NO SEU DéCIMO ANIVERSARIO

Comeza o ciclo sobre os 250 anos de ópera na Coruña cunha conferencia de Juan Durán

CLáSICA/LíRICA | agosto 31, 2018

imaxe non dispoñible

Hoxe as 20 horas na sede de Afundación comezarán os actos paralelos do ciclo 250 anos de ópera na Coruña organizado pola Asociación de amigos de la Ópera da cidade herculina. E que se abrirá coa conferencia do compositor Juan Durán «Ópera galega, dez anos de O Arame», na que rememorará a estrea desa ópera en 2008 da que se fai o décimo aniversario e da que Juan Durán fixo a composición musical e o dramaturgo Manuel Lourenzo, o libreto. Durán falará sobre a obra, que non volveu ser representada, antes da súa proxección en audiovisual. Este ciclo continuará con outras dúas conferencias, a seguinte o 4 outubro a cargo do crítico Julio Andrade Malde na que se tratará «O 65 aniversario do Festival de Ópera da Coruña», e o 3 novembro Alejandro martínez falará de «Miguel Fleta, o tenor do século XX».

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer