Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Susana Seivane explora a maternidade en FA

A MúSICA PRESENTA O SEU NOVO áLBUM NA HOMENAXE A MANUEL MARíA LúAS DE OUTONO

Susana Seivane explora a maternidade en FA

FOLK | setembro 14, 2018

fa_susana_seivane.jpg

Logo da preestrea que celebrou o pasado mes de febreiro cun recital da Coruña, hoxe sae á venda FA, o novo álbum de Susana Seivane logo de oito anos de silencio discográfico. A gaiteira achega doce composicións que presenta como "unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal". De feito o nome do disco xorde das iniciais dos seus fillos, Fiz e Antón. Segundo adianta a discográfica, "sen perder a súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición". Papá Pum Pum, "un canto á alegría vital e á supremacía dos pequenos momentos" é o tema de presentación gravado, como o resto do álbum, nos estudios Nakra. Durmíndote, O primeiro baile ou A nana dos bicos son outros dos títulos que xa están dispoñibles en tendas e plataformas dixitais.

A presentación oficial do traballo será o vindeiro 19 de setembro na homenaxe a Manuel María Lúas de outono no coruñés Teatro Rosalía de Castro. Posteriormente anúncianse concertos en Ponteareas (22 de setembro), Alcalá de Henares (9 de outubro), Fnac A Coruña (20 de outubro ), Auditorio Municipal de Vigo (16 de novembro) e no Teatro Gaztambide de Tudela o 6 de decembro.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer