Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha homenaxe a Aretha Franklin pechará en Nadal o 8º Outono Códax Festival

O EVENTO DE MúSICA NEGRA PRESENTA UN CARTEL INTERNACIONAL DE FIGURAS CONSOLIDADAS E NOVOS VALORES

Unha homenaxe a Aretha Franklin pechará en Nadal o 8º Outono Códax Festival

JAZZ/BLUES | setembro 14, 2018

imaxe non dispoñible

Hoxe presentouse a oitava edición do Outono Códax Festival de Santiago, unha cita musical que seguie a crecer cada ano e que goza dunha saúde de ferro a xulgar polo feito de que os seus organizadores xa están a pensar na décima edición e que o seu principal patrocinador, Martín Códax, xa aposta por chegar moito máis alá. Así se desprendía das comparecencias hoxe de uns e outros co gallo da presentación na que estaban María Garrido (Bodegas Martín Códax); Fran Villasenín, Martín Calviño e Javier Freire (organización do festival). O vindeiro 19 de outubro abrirase esta quenda da cita outonas co blues, o soul e o Rhythm & Blues, que se prolongará, en datas salteadas ata o 27 de decembro, xa en inverno. Un ano máis co apoio de varios patrocinios privados como as Bodegas Martín Códax e Pousadas de Compostela, o festival ofrece concertos de pago e outros de balde nos que xunta figuras e grupos que están a despuntar no panorama internacional con outro xa consolidados como referencias.

A Sala Capitol será a sede dos catro concertos de pago deste ano aos que haberá que engadir tres sesións out de balde. Xustamente será cunha destas sesións coa que abrirá o festival o 19 de outubro grazas ao concerto de surf rock que os galegos The Manueles darán no patio do Restaurante Porta Faxeira. Esa mesma noite os holandeses The Tibbs e os neoiorquinos The Rad Trads abrirán a parte internacional na Capitol. Será a primeira das catro noites que inclúe o abono de pago (xa á venda por 40 euros durante este mes) e nos que tamén estarán nunha noite moi feminina a portuguesa Marta ren & The Groovelvets, unha das artistas máis desexadas desde hai anos pola organización e a galega-estadounidense Marem Ladson, presentando en primicia o seu primeiro disco, as dúas o 10 de novembro. Martín Calviño, de Raíña Producciones, asegura un gran espectáculo a cargo do frontman británico Natty Congeroo, que actuará acompañado da súa banda The Flames of Rhythm o 24 de novembro, na mesa sesión na que tamén estará o artista de Burundi, J.P. Bimeni. A presenza feminina no cartel deste ano aumentará tamén coa gala de peche, xa o 27 de decembro, un concerto de homenaxe á recentemente falecida raíña do soul, Aretha Franklin, que xa estaba preparado antes do seu pasamento pero que agora adquire un valor máis emocionante. Nesa xornada, xa no medio do Nadal, chamada Aretha Soul divas &The Silverbacks, xuntaranse catro das mellores vocalistas da escena soul estatal para render ese tributo: Mayka Edjole (The Sweet Vandals), Shirley Davis (Shirley Davis & The Silverbacks); Juno (Juno & Darrell) e Astrid Jones (Astrid Jones & The Blue Flaps).

Volve Luke Winslow King
Nesta ocasión ademais, na outra das sesións out repetirá un dos artistas que xa pasaron por unha edición anterior do festival (2016) Luke Winslow King, xa que o bluesman de Nova Orleans foi unha das peticións máis repetidas do público pola boa impresión que deixou, segundo os organizadores, receptivos a escoitar o pulso da súa audiencia. O guitarrista ofrecerá na Sala Riquela o 9 de novembro un concerto en acústico presentando o seu novo traballo discográfico Blue Mesa. Luke é unha das voces e guitarras máis autorizadas e respectadas dos novo tradicionalistas do son Nova Orleans e foron moitas as persoas que aplaudiron e gozaron o seu paso polo festival anteriormente. Esta oitava edición ofrecerá ademais como actividades paralelas unha exhibición de baile do colectivo Compostela Swing o 24 de novembro, día que haberá outra sesión out sorpresa ademais dunha feira de discos. A exposición Trash do debuxante e deseñador Roberto Argüelles en A Reixa-Tenda- Matrioska do 2 ao 30 de novembro, completa o programa.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer