Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Sinsal retoma edición de outono en Vigo

O MUSEO DO MAR E OS ESTALEIROS ACOLLERáN EN OUTUBRO OS CONCERTOS E ACTIVIDADES DESTA CITA

O festival Sinsal retoma edición de outono en Vigo

ALTERNATIVA | setembro 21, 2018

imaxe non dispoñible

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia de outono botará a andar en Vigo os días 6 e 7 de outubro retomando así a súa variante outonal engadida agora á súa estabilizada cita na Illa de San Simón en xullo. O Museo do Mar de Galicia será o escenario o sábado 6, mentres que os estaleiros Freire e Cardama, na fachada marítima de Bouzas, acadarán o seu protagonismo o domingo 7. A nova edición combinará concertos de balde e de pago con actividades complementarias gratuítas para toda a familia. O programa ofrece sons de Galicia, Taiwán, Brasil, Islandia ou Andalucía.

O sábado 6, no propio museo, o público terá ocasión de gozar de concertos de acceso libre. Ás 13:00 horas, na sala de exposicións, Dúas ofrecerá o concerto didáctico Raíces, no que presentarán algúns instrumentos de percusión e cancións tradicionais africanas, para somerxerse nas raíces do continente veciño. Ás 13:30 horas, no xardín do museo, as artistas que compoñen Vudú mesturan o soul e o folk para presentar o seu novo traballo, Eu son Voodoo Vol. II, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego con harmonías da música negra. No mesmo espazo, ás 14:30 horas, o DJ Viktor Flores ofrecerá unha sesión musical e, ás 16:30 horas, a banda taiwanesa Sunset Rollercoaster, de xira por primeira vez en Europa tras conquistar a escena musical independente en Asia, presenta o seu segundo disco.

Concertos con entrada
A partir das 18:00 horas darán comezo os concertos con entrada, encabezados por 16 mm, o proxecto no que Macarena Montesinos (violonchelo) e Paulo Pascual (theremin) traballan na musicalización (composición, interpretación, improvisación etc.) do cinema ao vivo. JFDR String Quartet tomarán a remuda ás 19:30 horas, JFDR é o proxecto en solitario de Jófríður Ákadóttir, voz dos islandeses Samaris que colabora para este concerto co cuarteto de corda do proxecto Ensemble Galería.

Ás 21:00 horas será o momento de escoitar a Baiuca, Alejandro Guillán e Alex Casanov, que achegan a tradición galega á vangarda electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións para ofrecer sons sorprendentes. A última proposta da xornada, ás 22:30 horas, chega con En el nombre de, un espectáculo audiovisual no que Niño de Elche, o cantador ex-flamenco, e Los Voluble, un dúo audiovisual de Sevilla se acompañan da zanfona de Raúl Cantizano e as bases e ruídos de Pablo Peña para poñer sobre o escenario un discurso no que o fronteirizo xoga cos seus propios límites.

O domingo 7, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia trasládase desde Alcabre ata Bouzas, onde ás 13:00 horas, nos estaleiros Cardama, o brasileiro Castello Branco presenta o seu novo disco, Sintoma,. Á mesma hora, nos estaleiros Freire, María del Mar Blanco Moreno, profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpreta as Variacións Goldberg, en colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer