Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / PortAmérica deixou un impacto económico de 1,3 millóns de euros

A ANáLISE SEGUE O SISTEMA DE AVALACIóN 360 GRADOS QUE SE APLICARá TAMéN A OUTROS EVENTOS

PortAmérica deixou un impacto económico de 1,3 millóns de euros

MISCELáNEA | setembro 27, 2018

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba onte os datos de retorno da última edición do Festival PorAmérica. O evento que se celebrou este verán en Caldas de Reis deixou un impacto na comarca de 1,3 millóns de euros, cun retorno de entre 1,65 e 2,08 euros por cada euro investido no festival. Os datos reflicten unha ocupación do 91 por cento e unha valoración media do evento de 8,1 sobre 10. Segundo os datos, o perfil de participante no festival é unha muller de entre 25 a 34 anos que realizou un gasto medio por persoa e día de 50 euros.

A análise desenvolveuse a partir de 1.717 enquisas ao público do festival canda a datos da organización mediante a metodoloxía Avaliación 360º, desenvolvida por Fran Núñez na súa tese doutoral e adoptada pola marca FEST Galicia da Xunta. O mesmo método empregarase para analizar o impacto doutros catro festivais dos 10 adheridos a este distintivo, Sinsal, Resurrection Fest, SonRías Baixas e Revenidas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer