Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros

A AGADIC PRESENTABA ONTE OS DATOS SOBRE O RETORNO DO EVENTO

O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros

MISCELáNEA | outubro 4, 2018

imaxe non dispoñible

A seguir a análise sobre o retorno económico dos diferentes festivais de música integrados na marca FEST Galicia, a Agadic presentaba onte os datos do último SonRías Baixas de Bueu. Mediante a metodoloxía de avaliación implementada pola Universidade de Santiago de Compostela, comprobouse que a décimo sexta edición do evento, que se celebrou entre o 2 e o 4 de agosto pasados, revertiu na comarca do Morrazo 1,14 millóns de euros. Cunha cifra de ocupación do 85%, pasaron polo festival 21.800 persoas, cun perfil de asistente que corresponde a unha muller nova, de 18 a 24 anos, galega e estudante, que acudiu ao evento en grupo. Os datos para a análise saíron de 1.261 enquisas e mais das cifras manexadas pola organización do evento.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer