Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Revenidas deixou un retorno de 711.000 euros

A 15 EDICIóN DO ENCONTRO CONTOU CON 10.300 VISITAS DURANTE OS SEUS TRES DíAS DE DURACIóN

O festival Revenidas deixou un retorno de 711.000 euros

MISCELáNEA | outubro 9, 2018

imaxe non dispoñible

A seguir coas súas presentacións dos datos sobre os festivais integrados na marca FEST Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte as cifras do retorno económico do festival Revenidas de Vilaxoán. Segundo a metodoloxía Avaliación 360º desenvolvida pola Universidade de Santiago, a décimo quinta edición do evento deixou na comarca un retorno económico de 711.000 euros. En total, asistiron ao evento 10.300 persoas durantes as tres xornadas nas que se desenvolveu, cun gasto medio por persoa de 46,37 euros. As persoas participantes déronlle ao evento unha nota de 8,2 sobre 10, segundo reflicten as 1.230 enquisas que se realizaron.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer