Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía de Galicia inicia a xira de homenaxe a José Arriola

O AUDITORIO DE FERROL ACOLLE ESTA NOITE O PRIMEIRO DOS CONCERTOS

A Real Filharmonía de Galicia inicia a xira de homenaxe a José Arriola

CLáSICA/LíRICA | outubro 11, 2018

imaxe non dispoñible

Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo acollerán os concertos da xira de homenaxe que a Real Filharmonía de Galicia realiza este outono en homenaxe José Pepito Arriola. O Auditorio de Ferrol acolle hoxe, ás 20:30 horas, o primeiro dos recitais. O Círculo das Artes de Lugo (día 17 ás 20 horas), o Auditorio de Galicia (día 18 ás 20:30 horas) e o Teatro Afundación de Vigo o día 19, tamén ás 20:30 horas, serán as outras paradas do proxecto. Maximino Zumalave, director asociado da RFG, será o encargado da batuta nesta xira, coa que se quere lembrar un dos máis importantes compositores galegos.

Os concertos inclúen pezas inéditas de Arriola que están recollidas no último disco da Filharmonía, dedicado precisamente ao betanceiro, e que verá a luz da man do Consorcio de Santiago e do Consello da Cultura Galega. Canda a elas, poderán escoitarse composicións de Richar Strauss, mestre do homenaxeado, e mais do compositor vasco Jesús Guridi. Antes do concerto do18 de outubro en Santiago, o público poderá manter unha charla co compositor galego Joam Trillo, o responsable de editar as partituras inéditas de Arriola.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer