Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Castañazo Rock abre hoxe a súa XVIª edición

O EVENTO LUCENSE REúNE EN CHANTADA TRECE PROPOSTAS DE MúSICA COMBATIVA

O Castañazo Rock abre hoxe a súa XVIª edición

ROCK | novembro 2, 2018

imaxe non dispoñible

Hoxe, venres, e mañá Chantada acolle a décima sexta edició0n do festival Castañazo Rock, un clásico da época outona na Ribeira Sacra que sempre reúne un cartel combativo e potente. Punk rock, hip-hop e músicas de fusión, sempre con unha actitude de crítica social reúnense estes dous días no recinto do mercado gandeiro da localidade lucense. Trece diferentes propostas da escena musical galega, nacional e internacional conforman o cartel desta edición na que hai bandas veteranas e destacadas como os italianos Talco, Boikot, Dakidarría, Desakato ou Rebeliom do Inframundo, entre outras formacións. A cita tamén conta cun programa para as crianzas que terá lugar o sábado ás 12 na Casa da Música co concerto de combos infantís e xuvenil de música moderna e unha pinchada cativa teatralizada Deixalle ao dillei, a cargo de A Run Run. A acampada é de balde e as entras e abonos están á venda polo sistema de Wegow a través da propia web do festival. O evento está organizado pola Asociación Cultural O Castañazo e conta coas subvencións do propio Concello de Chantada, a deputación de Lugo e a Xunta a través de AGADIC e co patrocinio ou colaboración de diversas empresas e marcas comerciais.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer