Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ourenrrock abre cartel para 2019 con catro bandas

O FESTIVAL CELEBRARASE O 31 DE MAIO E XA CONTA CON TRIáNGULO DE AMOR BIZARRO E CUARTA XUSTA

Ourenrrock abre cartel para 2019 con catro bandas

ROCK | novembro 6, 2018

imaxe non dispoñible

Xa hai data e catro nomes de cartel para o seguinte Ourenrrock Sound. Será entre o 31 de maio e o 1 de xuño cando o complexo de Bemposta en Ourense celebrará este evento que forma parte do catálogo primaveral de festivais da comunidade. Os catro primeiros nomes do cartel avanzan unha oferta bastante variada nesta IV edición do festival encabezándose polo de agora cos galegos Triángulo de Amor Bizarro, co seu garaxe shoegaze, unha aposta pola escena alternativa. O pop rock independente aparece da man dos madrileños Carolina Durante. Os melidáns Cuarta Xusta co seu rock de fusión ská combativo tamén están xa confirmados para este Ourenrrock así como o rap de Sons of Aguirre & Scila. Quedan aínda moitas bandas por confirmar para esta edición toda vez que o Ourenrrock adoita ofrecer entre 13 e 15 concertos en cada edición.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer