Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Eu ben vin, virivín recupera o cancioneiro infantil tradicional

MANUEL RICO VEREA E NANI GARCíA ASINAN ESTE LIBRO CD QUE EDITA XERAIS

Eu ben vin, virivín recupera o cancioneiro infantil tradicional

INFANTIL | novembro 8, 2018

eu_ven_vin_virivin_manuel_rico.jpg

"Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" é o lema co que se presenta Eu ben vin, virivín, o novo libro CD de Manuel Rico Verea. O volume presenta unha selección de rimas infantís de tradición oral, na súa maioría vencelladas a animais, que se recrean coa participación do Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado polo propio Manuel Rico e por Nani García. O Nani García Trío corre tamén coa instrumentación do proxecto, na que as melodías tradicionais se mesturan con arranxos de Jazz e que conta con Lucía Souto como voz principal, canda a Rico e a Clara Jelihovsky como convidada. O volume, editado por Xerais, achega ademais textos que presentan cada un dos temas, a falar do significado e cada un, acompañados da partitura correspondente e de exercicios sobre os mesmos. O CD inclúe ademais pistas para cantar en modo karaoke.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer