Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chicharrón presentan o novo disco 'Cancións clínicas'

O TERCEIRO TRABALLO DA BANDA OFRECE UN SON MáIS ELECTRóNICO E ESCURO

Chicharrón presentan o novo disco 'Cancións clínicas'

ALTERNATIVA | novembro 14, 2018

chicharron_clinicas.jpg

A banda carballesa Chicharrón saca este mes o que é so terceiro traballo delonga duración Cancións clínicas (Prenom, 2018). No seu formato físico o disco preséntase nunha edición limitada de 200 copias en CD, nunha carpeta de dimensións semellantes ás dun vinilo 7". O disco foi producido por Rubén Domínguez e gravado e mesturado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma. Once temas conforman este novo traballo no que a banda liderada por Alberto M. Vecino (ex- Franc3s) transita moito máis pola electrónica que nos seus anteriores discos malia que xa había unha transformación neste sentido en Postal(Prenom, 2016) respecto ao seu disco de debut Chicharrón(Prenom, 20149 o traballo máis acústico e pop da banda, que hoxe en día conforman seis compoñentes. A atmósfera neste novo disco é máis escura e agresiva que nos anteriores e mesmo con temas como Que máis dará? apuntan cara o garaje mentres que noutras entran no tecno-punk ou mesmo o krautrock. Como xa fixeran en a banda presentan todas as letras do disco en galego, escritas todas por Alberto M. Vecino agás No seu despregar, poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente O dó. Moitos dos títulos presentan unha actitude inquisitiva en forma de preguntas a contestar como o que abre o disco Qué maís nos queda por dicir?, nun tema que afonda na decepción e na ausencia de sentimentos, presentando unha intimidade case apocalíptica.



datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer