Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Fanzine Fest presenta unha ambiciosa edición de artes de vangarda

O EVENTO CELEBRA O DéCIMO ANIVERSARIO DO SELO CORUñéS DE MúSICA ELECTRóNICA FANZINE

O Fanzine Fest presenta unha ambiciosa edición de artes de vangarda

ELECTRóNICA | novembro 26, 2018

imaxe non dispoñible

Cunha celebración musical de tres días, o selo e promotora coruñesa Fanzine records celebrará este decembro o seu décimo aniversario. Tres xornadas, o 1, 7 e 8 de decembro e tres espazos diferentes para este Fanzine Fest 2018: a sala O tunel (Coliseum), o Teatro Colón e a Fundación Luís Seoane. O evento ofrecerá unha experiencia multidisciplinar sempre baseada na música electrónica de vangarda pero con presenza de propostas de arte visual ofrecendo diferentes formatos sempre alternativos e cunha actitude de axitación cultural. A programación inclúe artistas sonoros e visuais con longa traxectoria xunto a artistas emerxentes, en total 21 nomes para estas xornadas de celebración. Tamén se xuntan as propostas da escena internacional coas da escena local. Nomes emerxentes do eido galego como Pálida, Músculo, Mateo Mena & Montse Piñeiro, Grobas ou Dial Combo entre outros. Ademais o Fanzine Fest ofrecerá varias actividades como obradoiros, coloquios e mesmo programación pensada para público familia. O Fanzine Fest presentará ante o público coruñés unha visión panorámica e ecléctica do amplo espectro de variedades presentes na música electrónica e as artes visuais de vangarda.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer