Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Cé Orquestra Pantasma convida A voar

O LIBRO DISCO PUBLICADO POR MIUDIñO PóDESE ADQUIRIR REBAIXADO ATA O 30 DE NOVEMBRO

Cé Orquestra Pantasma convida A voar

INFANTIL | novembro 27, 2018

a_voar_ce_orquestra_pantasma.jpg

A Voar é o novo libro disco de Cé Orquestra Pantasma. O músico, coa colaboración de Cristina Ouro nas ilustracións e de Judit Santos no texto literario presenta a historia dunha xoaniña que "movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar". Nove cancións seguen unha historia que inclúe chamadas desde o libro cara ao disco. Ademais do CD, o volume inclúe un código para descargar os temas e un avión de papel para montar. O proxecto ve a luz da man da cooperativa Miudiño, que pon á venda de xeito anticipado o volume a un prezo rebaixado de 15 euros ata o vindeiro 30 de novembro. Segundo sinala a presentación do álbum, "A Voar pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre".

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer