Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña acollerá un encontro do sector da música centrado na igualdade

DURANTE DúAS XORNADAS DEBATIRASE SOBRE A NECESIDADE DA PERSPECTIVA DE XéNERO NA INDUSTRIA MUSICAL

A Coruña acollerá un encontro do sector da música centrado na igualdade

MISCELáNEA | decembro 5, 2018

imaxe non dispoñible

A asociación MIM (Mujeres de la Industria de la Música) organiza os vindeiros 17 e 18 de decembro as xornadas Feminismo e Industria Musical no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña co obxectivo de fomentar o debate sobre feminismo e industria musical centradas na escena musical galega, así como planear estratexias de traballo efectivas para reverter a actual situación de desigualdade, desde o ángulo da profesionalización e a equiparación das condicións nos distintos xéneros. Co obxectivo de ir definindo os pasos necesarios cara a creación dun novo modelo cultural máis igualitario, na xornada participarán representantes das diversas asociacións feministas do territorio así como importantes referentes profesionais do sector que achegarán a perspectiva actual e retos cara ó futuro dunha industria igualitaria. Unha coidada selección de relatores e moderadores que simbolizan o espírito de cambio efectivo das xornadas e que darán voz a excelentes profesionais do sector que amosan que é posible traballar en chave de cambio. Contarase coa presenza de diversos colectivos que actualmente xa están aportando métodos de cambio baseados na perspectiva de xénero para reverter na situación de desequilibrio actual, como Mulleres Galegas Kañeras, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e Músicas ao Vivo.

As xornadas tratarán o tema desde diferentes eidos dentro do sector percorrendo desde a situación actual do sector na Coruña, a visión das diversas administracións públicas, o uso do corpo da muller na música, ou a necesidade de cotas na programación da música en directo. Ademais durante estas xornadas presentaranse iniciativas lideradas por outras asociacións ou entidades de ámbito estatal e internacional que xa están traballando no eido da perspectiva de xénero, e que ofrecen oportunidades de diversa índole ás profesionais do sector. Estas xornadas, queren facer fincapé sobre todo que, coa súa riqueza e extensión, pode chegar a converterse nun modelo de igualdade e profesionalización para o resto do estado, comezando aquí o cambio cara un novo modelo da industria musical.

MIM, unha asociación para a visibilidade feminina
A asociación MIM créase no 2016 co obxectivo de dar visibilidade a todas as mulleres da industria musical. En dous anos de existencia a asociación pasou de 30 a máis de 300 asociadas e asociados en todo o territorio español, contribuíu a introducir mulleres en paneis, xurados, mesas de debate, profesorados, e tamén nalgúns escenarios. Xerou unha web de libre consulta que da visibilidade a artistas e profesionais do sector, e seguirá traballando para que a igualdade de condicións e representación entre mulleres e homes do sector, sexa efectiva, e para que todas e todos sexamos conscientes, que coa igualdade no terreo profesional, e a igualdade no plano persoal, a sociedade só pode mellorar.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer