Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase hoxe en concerto o triplo disco conmemorativo sobre o Mestre Vide

A PIANISTA NOEMí SALOMóN E A SOPRANO ANAíS FERNáNDEZ ASINAN ESTA GRAVACIóN IMPULSADA POR ÓSCAR IBáñEZ

Preséntase hoxe en concerto o triplo disco conmemorativo sobre o Mestre Vide

CLáSICA/LíRICA | xaneiro 9, 2019

MestreVide_3cd.jpg

Co gallo do 125 Aniversario Nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide (1893-1981), o músico e investigador pontevedrés Oscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano, moi pouco coñecida ata o momento, contando coa interpretación da pianista redondelá Noemí Salomón e da soprano compostelá Anaís Fernández. O disco, titulado MESTRE VIDE. Obra para piano e canto-piano, está formado por dous discos coa obra para piano e un terceiro coa obra para canto e piano; o traballo complétase cun libreto de 40 páxinas con textos dos musicólogos Carlos Villanueva e Javier Jurado, así como do fillo do compositor Antonio Fernández García-Vide, sobre a vida, a obra e a personalidade do compositor cuxo percorrido vital e musical transcorreu entre Ourense e a Habana, ligado ao círculo ourensán da revista Nós. Hoxe mércores o Paraninfo da Universidade de Santiago acolle un concerto ás 20:30 no que se presentará este traballo discográfico. Noemí Salomón e Anaís Fernández interpretarán unha selección da extensa obra para piano e canto-piano do Mestre Vide.

Da obra para piano de Vide, complexa tecnicamente, cabe destacar a enxebreza das súas numerosas muiñeiras e das súas dúas suites (alborada, alalá, muiñeira), dentro dunha produción que abrangue tamén a música de salón (pasodobre, valse) e do café-concerto (galop, foxtrot), entre a que atopamos ademais un danzón como chiscadela á súa etapa cubana. Da obra para canto e piano sobresaen as súas fermosas cancións, na liña das melodías galegas de Montes, Chané ou Baldomir, ás que Vide, dado o seu dominio do piano, aportou un acompañamento enriquecido, conservando a unidade absoluta co canto, sobre poemas de Curros Enríquez, Manuel Murguía, Blanco Amor, Gayoso Frías, José Fariña Jamardo ou Matilde Lloria, ás que se suman cancións en español, algunhas delas propias do espectáculo de variedades, e outras sobre ritmos cubanos, claras testemuñas das influencias da outra beira do Atlántico.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer