Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Gwendal e Shooglenifty no cartel da 41ª edición do Festival de Ortigueira

O SON DO CAMIñO CELEBRARASE A MEDIADOS DE XUñO

Gwendal e Shooglenifty no cartel da 41ª edición do Festival de Ortigueira

FOLK | xaneiro 28, 2019

imaxe non dispoñible

O festival do Mundo celta de Ortigueira aproveitou o salón internacional de turismo FITUR de Madrid para presentar alí o cartel e o programa da súa nova edición. Do 11 ao 14 de xullo se celebrará a 41ª edición desta veterana cita coa música folk na vila coruñesa. O cartel deste ano sae da man do artista Cristian F. Caruncho e busca representar os elementos de distinción que teñen as oito nacións celtas. Gwendal, Anxo Lorenzo Band, Shooglenifty, Flook e Beltaine son algúns dos nomes que conforman un cartel de luxo. Segundo a distribución presentada o xoves 11terá lugar o xa habitual concerto de finalista do concurso Runas e esa noite será Gwendal quen poña o broche. Na segunda xornada, o venres, estarán Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, a Escola de Gaitas de Ortigueira, Moving Hearts, Anxo Lorenzo Band e Project Smok. A xornada do sábado, estará tomada polas bandas Bagad Kerlenn Pondi, Dominic Graham School of Irish Dance, Shooglenifty, Flook e Beltaine. O Fiadeiro, Tanxugueiras e Leilía porán a despedida este ano o domingo.

O festival Son do Camiño segue facendo agardar polas súas confirmacións artísticas, que o pasado ano se desvelaron en febreiro. O que si ven de confirmar xa para a súa segunda edición foron as datas de celebración este ano. O festival adiántase respecto ao pasado ano e pasa a celebrarse a mediados do mes de xuño, en concreto os días 13 a 15 do mes. No relativo ao cartel as empresas organizadoras non confirmaron aínda ningún nome malia que por un comentario feito durante un concerto na Coruña polo cantante da banda sueca The Hives aparece como moi probable que estes formen parte da oferta deste ano. Outros nomes que se barallaron foron os de Coldplay, pero este semella pouco probable xa que o grupo non fará xira este ano, e os dos estadounidenses Foo Fighters, que soa con forza para o festival galego nos foros de internet pero polo de agora só pode ser cualificado de ruxe ruxe. As entradas para o evento aínda non se puxeron á venda tampouco.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer