Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Doce discos de estilos variados compiten polo Premio MIN a mellor álbum en galego

AS VOTACIóNS POPULARES DOS GALARDóNS DA MúSICA INDEPENDENTE ESTáN ABERTAS ATA O DíA 11 DE FEBREIRO

Doce discos de estilos variados compiten polo Premio MIN a mellor álbum en galego

MISCELáNEA | xaneiro 29, 2019

imaxe non dispoñible

A undécima edición dos Premios Min da música independente española xa abriron a súa fase de votacións populares. Ata o vindeiro 11 de febreiro será posible inscribirse na web de MIN e votar polas nosas preferencias en 18 categorías diferentes. Grupos e artistas de Galicia se presentan en moitas delas e os premios teñen unha categoría propia para o mellor álbum en galego na que se poden votar ata por cinco dos 12 presentados, que ademais representan en si mesmo unha ampal variedade de estilos musicais, dende o folk ata a canción infantil, pasando polo rock, o rap e a electrónica: Cancións clínicas, De Chicharrón; Pólvora e tormenta, de Ezetaerre; O mínimo que o contén todo, de ITH; Déixaas, de Mercedes Peón; Unha illa, de Mielitza; Fíos de ouro no ar, de Rodrígo Romaní Trío; Noite, de Sangre de Muérdago; Tanxugueiras, de Tanxugueiras; Outro que tal baila, de Tiruleque; Noró de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre; A casa do terror,d e Xoán Curiel e Dardos, de Xoana. Estes discos tamén se presentan cada un en outras categorías deste premios xunto a outros moitos nomes da escena musical galega como Abe Rábade Trío, Santi Araújo, Presumido, Los Árboles, B Flecha, Basanta, Fredi Leis ou Triángulo de Amor Bizarro entre outros moitos. Pasada a fase de votacións populares os cinco máis votados de cada grupo se consideran semifinalistas e despois un xurado profesional decidirá de entre eles os finalistas e posteriormente os vencedores desta 11ª edición dos Premios da Música Independiente.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer