Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Valentín Caamaño presenta o seu terceiro disco 'The blind wrestler'

GRAVADO COMO TRíO NO DIRECTO PRESéNTASE EN FORMATO CUARTETO ENGADINDO O SAXO DE XOSé MIGUéLEZ

Valentín Caamaño presenta o seu terceiro disco 'The blind wrestler'

JAZZ/BLUES | xaneiro 31, 2019

Caamano_blindwrestler.jpg

O guitarrista e vocalista Valentín Caamaño presenta hoxe en Compostela The Blind Wrestler (TinyMoon Records), o terceiro disco da súa traxectoria profesional tras Green with envy (Free Records, 2017). Malia que o disco xa leva case un ano no mercado ata agora Caamaño non o presentara na súa cidade e o fará cunha formación en cuarteto, ampliada respecto ao disco no que se presenta en trío, con Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería. O saxo tenor de Xosé Miguélez, xa presente en dous dos sete temas de The Blind Wrestler engadirase agora na interpretación da totalidade do repertorio. O disco presenta cinco temas autoría do propio Caamaño, un de Alfonso Calvo e a versión do tema de Irving Berlin How Deep Is The Ocean. Jazz, swing e outros sons cos que Caamaño adoita cociñar as súas composicións están presentes no álbum. O disco gravouse nos estudios Bruar, con Xabier Ferreiro como enxeñeiro de son. A Sala Riquela acolle hoxe ás 21:00 horas este concerto en entrada libre.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer