Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Resurrection Fest pon á venda abonos de prezo reducido para a veciñanza de Viveiro
Resurrection Fest pon á venda abonos de prezo reducido para a veciñanza de Viveiro
febreiro 1, 2019
O festival Resurrection Fest segue a ser obxecto de atención informativa unha vez máis, neste caso pola súa relación especial coa vila onde se celebra, Viveiro. Desde hoxe mesmo a organización do evento pona á venda un lote de abonos a prezo reducido destinados en exclusiva para a veciñanza da vila. Os empadroados desde fai máis de seis meses en Viveiro poderán achegarse aos Claustros de San Francisco e amosando o seu DNI adquirir estes pases nominativos non transferibles. O prezo é de 70 € para os abonos de 3 días e 140€ para os Pandemonium con acceso a zonas restrinxidas. O prezo será de 70 € para os abonos de 3 días e 140 € para as Pandemonium, un importante desconto tendo en conta que a venda xeral destes mesmo abonos está en 145 € (máis gastos) e 215€ (máis gastos) respectivamente. Ambas ofertas estarán limitadas e só poderán mercarse ata o 30 de maio. Esta iniciativa tan pouco habitual e que xa se ten feito en edición anteriores resulta posible grazas á colaboración do Concello de Viveiro coa organización do Resurrection Fest.
Por outra banda, o Atlantic fest da Illa de Arousa fixo esta seman un novo avance do seu cartel artístico para a súa cuarta edición. Aos anteriormente confirmados Love of lesbian, veñen de sumarse cinco nome da escena ancional e internacional vencellados ao panorama da música independente. O neocelandés Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, Maria Rodés e Cariño. Vaise así enchendo a oferta para os 26, 27 e 28 de xullo.
Tamén che pode interesar:
- 4/ 10/ 2018 | Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest
- 26/ 10/ 2017 | Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest
- 27/ 10/ 2016 | O Resurrection gaña o premio ao Mellor Festival de Gran Formato do Estado
- 28/ 4/ 2016 | O Resurrection Fest é o festival máis multitudinario de Galicia
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica