Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Oviravai trae novas aventuras cantadas do teixugo Paio no seu segundo traballo

O ESPECTáCULO 'PAIO E O PODER DA MúSICA' ESTARá O VINDEIRO 17 DE FEBREIRO EN LUGO

Oviravai trae novas aventuras cantadas do teixugo Paio no seu segundo traballo

INFANTIL | febreiro 5, 2019

oviravai_paiopoderdamusica.jpg

A banda de música infantil Oviravai presenta un novo libro disco co teixugo Paio como protagonista e as súas aventuras xunto aos seus amigos como liña argumental en 11 novas cancións. A colección Sonárbore de Galaxia saca Paio e o poder da música con ilustracións de David Ouro. A formación actual de Oviravai, que no seu primeiro traballo As andanzas de Paio presentábase como un grupo de catro membros, son Verónica Santalices e Federico Welicki. Para a gravación nos estudios Son feixón contaron con Suso feixón á batería, Diego Pacheco na guitarra e Carlos Gil Fandiño aos teclados. Ademais nos coros tamén estiveron Erika e Xacob Welicki. Nas súas novas aventuras Paio, xunto a novos amigos como o oso Aurelio ou o armadillo Armando, vai descubrir o poder da música e da amizade. As cancións mandan mensaxes educativas sobre o coidado do planeta, o acoso nas aulas, o trato coa terceira idade, a importancia do estudo e outras moitas mensaxes positivas ademais dunha canción dedicada a Rosalía de Castro, todas elas nun ritmo festivo e dinámico. O vindeiro 17 de febreiro actuarán no centro Comercial As Termas, de Lugo co novo espectáculo saído deste disco.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer