Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O XIIº Festival Pórtico do Paraíso afonda no seu carácter ecléctico

O CICLO OFRECERá NA PROVINCIA DE OURENSE SETE CONCERTOS EN ESPAZO DE INTERESE

O XIIº Festival Pórtico do Paraíso afonda no seu carácter ecléctico

CLáSICA/LíRICA | febreiro 8, 2019

imaxe non dispoñible

Un total de sete concertos a cargo de recoñecidas formacións no ámbito da música culta integran o programa da duodécima edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, que se celebrará na cidade de Ourense, en Leiro e en Allariz entre os vindeiros días 15 e 24 de marzo. Na presentación do evento o seu director, Juan Enrique Miguens, incidiu que esta edición reforza o carácter ecléctico dun festival que inclúe formacións e repertorios pouco habituais no circuíto da música culta, como obras contemporáneas. A celebración dos recitais en espazos de especial interese arquitectónico e patrimonial é outro dos sinais de identidade do Pórtico do Paraíso, organizado pola asociación Pórtico Musical. Así, a catedral de San Martiño de Ourense acollerá a inauguración do festival o 15 de marzo co grupo vocal italiano Odhecaton como protagonista. O festival esténdese este ano por terceira vez a outros concellos e templos da provincia, como son neste caso a igrexa do mosteiro de San Clodio, en Leiro, onde o grupo instrumental valisoletano Los Músicos de Urueña actuará o sábado 16; e a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz, que contará cun concerto de La Reverdie (Italia) o sábado 23. O programa deste ano na capital ourensá inclúe as actuacións de La Lyra e Pino de Vittorio (Suíza-Italia) na igrexa de Santa María Nai, o quinteto Apollo5 (Reino Unido) o venres 22 na igrexa de Santiago de Caldas, o cuarteto de clarinetes Vienna Clarinet Connection (Austria) o día 24 no Teatro Principal e os percusionistas galegos de Mbira-Dúo o mércores 20, de novo en Santa María Nai.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer