Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As '13 cancións bonitas' de Germán Díaz & Benxamín Otero son 14

O DúO PRESENTA AS PEZAS CON óBOE E O USO DE DIVERSOS INSTRUMENTOS MECáNICOS

As '13 cancións bonitas' de Germán Díaz & Benxamín Otero son 14

MISCELáNEA | febreiro 12, 2019

13_cancions_bonitas.jpg

Entre finais do século XIX e principios do XX existiu un especial interese na compilación do cancioneiro popular español de tradición oral. O zanfonista Germán Díaz, gran coñecedor e divulgador deste legado musical presenta, xunto a Benxamín Otero, unha selección de melodías evocadoras, transfiguradas nun das linguaxes máis creativas da escena contemporánea galega. Un dúo de óboe e instrumentos mecánicos dá vida neste proxecto a ródalas castelás, cantos galegos ou ao tradicional Romance de Santa Catalina. Compositores como Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros como o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias conforman este singular proxecto. Presentado inicialmente como espectáculo en varios escenarios singulares do país agora esta selección 13 cancións bonitas dá o paso ao formato gravado, co selo de Producciones Efímeras e tras pasar polo estudio as trece cancións quedan en 14. Gravado en novembro de 2018, nos estudios Casabranca, por Germán Díaz; mesturado e masterizado por José Trincado "Triqui" en Saviksound Studios. O disco está dispoñible tamén en plataformas dixitais.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer