Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais de música aceleran a confirmación de artistas

FACELA FEST, ATLANTIC FEST, SONRíAS BAIXAS E VIVE NIGRáN ENGADEN NOMES áS SúAS PROPOSTAS

Os festivais de música aceleran a confirmación de artistas

MISCELáNEA | febreiro 15, 2019

imaxe non dispoñible

Poñémonos ao día das máis recentes actualizacións da oferta de festivais galegos, que esta pasada semana estivo xa moi movida animando ao público a apurar a compra de abonos e entradas. FaCeLa Fest, Atlantic Fest, SonRías Baixas e Vive Nigrán presentan novidades no cartel. O primeiro en chegar será o impresionante FaCeLa Fest de Lugo, que terá lugar os días 17 e 18 de maio. O evento lucense xa presentou unha ducia de actuación encabezadas polo asturiano Nacho Vegas, que estará presentando o seu aclamado último disco Violética(2018). Ademais del estarán o dúo de synth-pop Presumido, co seu proxecto Cuatro estaciones e suponse que coincidindo coa saída do segundo cos catro Eps que prevén presentar este ano. Tamén acudirán ao FaCeLa os leoneses Cooper, Tulsa, os franceses Michel Cloup Duo, os estadounidenses The Essex Green, as madrileñas Cariño dando o seu primeiro concerto en Galicia. A escena galega, ademais de contar con Presumido no programa, estará tamén representada por Boyanka Kostova, Rayotaser e as bandas lucenses Fábrica de Espejos (Chantada), Magical Colors (Chantada) e Trinitá (Lugo).

Tres festivais de verán da costa pontevedresa tamén veñen de confirmar nomes para os seus carteis. O Atlantic fest da Illa de Arousa fixo engadiu esta semana importantes novidades: Dorian, New Raemon, Las Odio, Chelsea Boots, La Estrella de David e máis Mourn. Este nomes veñen a sumarse aos anteriormente confirmados de Love of lesbian, Marlon Williams, Nacho Vegas, La Bien Querida, Maria Rodés e Cariño. Vaise así enchendo a oferta deste festival para a os 26, 27 e 28 de xullo, que tamén aproveita para presentar os Atlantic Days, dous días con concertos da banda urbana Cupido, o 12 de abril na Sala Karma de Pontevedra e o 13 de abril na Sala Bunker da Coruña. O festival de música combativa SonRías Baixas de Bueu tamén engade oferta no seu cartel deste ano para a fin de semana do 1 ao 3 de agosto. Nun novo avance veñen de sumarse as bandas galegas NAO e Dakidarría, os madrileños Boikot e Segismundo Toxicómano. Anteriormente xa estaban no cartel ZOO, Zea Mays, La M.O.D.A., La Pegatina, Periferia Norte e Muyayo Rif. Tamén no interior, en Valdeorras na ribeira do Sil se empezan a albiscar novidadess para o SilFest, polo de pronto do que nos agarda alí para os días 4,5 e 6 de xullo sabemos que estarán alí os caldenses Igloo, xunto a Morga e La Plata.

Festivais moi festivos
Un dos exemplos máis festivos da oferta galega de festivais de verán é o Vive Nigrán, autodenominado “picnic-pop festival”. Que se celebra xunto a praia América na localidade miñorana de Nigrán o 19 e 20 de xullo. Á presenza electrizante de Novedades Carminha, engadiuse Hidrogenesse e posteriormente outras bandas da escena independente que achegarán o toque máis festivo á cita como las Chillers, Los Nasty e Los Vinagres. E algo máis ao norte o concello de Sanxenxo tamén quere engancharse ao tirón turístico dos festivais e acolle a celebración do Maestral Music Festival, no polígono industrial de Nantes. A cita, que se prolonga con concertos durante 20 días, entre o 3 e 23 de agosto, proporcionará actuacións de artistas do pop melódico como Vanesa Martín, Pablo López e Pastora Soler ao estilo do evento marbellí Starlite Festival. Tamén está confirmada a actuación da banda tributo God Save the Queen, que nada ten que ver cos Sex Pistols senón con Queen. Agárdanse máis confirmacións polo estilo para esta cita.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer