Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dez artistas galegos mantéñense como finalistas dos Premios MIN

OS DISCOS DE ABE RáBADE E BALDO MARTíNEZ ENTRE OS CINCO FINALISTAS AO MELLOR áLBUM DE JAZZ

Dez artistas galegos mantéñense como finalistas dos Premios MIN

MISCELáNEA | febreiro 28, 2019

imaxe non dispoñible

Tras da votación popular, un xurado profesional ven de seleccionar aos finalistas que optarán aos Premios MIN 2019 da música independente de España e as opcións da representación da escena musical reducíronse pero non desaparecen. Os que aínda quedan, tras a decisión do xurado son Novedades Carminha, optando ao Premio a Mellor Artista do ano; HARD GZ, na categoría de mellor disco de hip-hop e músicas urbanas por Versus; Triángulo de Amor Bizarro, optando ao mellor directo de 2018 e na categoría de premios ao mellor disco de jazz aínda compiten Abe Rábade, con Doravante e Baldo Martínez con Cuarteto Europa, os dous editados por Karonte, entre os cinco finalistas da categoría. Ademais diso, categoría propia de Mellor Álbum en Galego o xurado tamén fixo a súa criba finalista, elixindo cinco de entre os doce que optaban ao premio e dos que un o levará: Cancións clínicas, de Chicharrón; Pólvora e tormenta, de Ezetaerre; Déixaas, de Mercedes Peón, Tanxugueiras de Tanxugueiras e Dardos, de Xoana. Os premios MIN están organizados pola Unión Fonográfica Independiente (UFi) e entregaránse o vindeiro 13 de marzo no Teatro Circo Price de Madrid.









 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer