Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Monterroso celebra a IV Feira do Disco e Libro Galego

PRESENTACIóNS, SINATURAS E POSTOS DE VENDA DANSE CITA NA VILA O 16 DE MARZO

Monterroso celebra a IV Feira do Disco e Libro Galego

MISCELáNEA | marzo 11, 2019

imaxe non dispoñible

A Asociación Cultural 25 xastres coordina por cuarto ano consecutivo a Feira do Disco e do Libro Galego de Monterroso. O recinto feiral da vila acollerá o vindeiro 16 de marzo este evento que contará coa presenza de 25 expositores entre editoras, librarías, discográficas ou propostas de deseño e de artesanía. No programa están previstos encontros con autores e músicas como Estefanía Padullés, Carlos Meixide, Ana Vila, Xosé Duncan, Strazz ou Adolfina Mesa, e presentacións literarias como as de Yolanda Castaño, Diego Girález, Inma López Silva ou Eva Mejuto e musicais como as de Benxa Otero con Germán Díaz, Zoelas, Fran Amil, Candorka Trío ou Zoelas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer