Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xacarandaina recupera gravacións inéditas polos seus corenta anos

O NOVO áLBUM DA FORMACIóN ACHEGA TEMAS GRAVADOS ENTRE 1981 E 2018

Xacarandaina recupera gravacións inéditas polos seus corenta anos

FOLK | abril 4, 2019

40anos xacarandaina.jpg

Unha selección de músicas gravadas ao vivo, material descartado doutros álbums ou proxectos que non chegaron a ver a luz compoñen o disco 40 anos Xacarandaina. A formación de música tradicional coruñesa celebra o seu aniversario con este lanzamento, no que se poden escoitar desde a Danza de Bergantiños, gravada ao vivo en 1981 nun festival bretón, ata gravacións do pasado ano que permiten verificar a evolución do grupo de música e baile tradicional ao longo do tempo. Ademais, inclúense temas rexistrados en 1990 na que se considera a primeira gravación moderna dun grupo de pandeireteiras para un disco.

O álbum, autoeditado, preséntase oficialmente ao público nunha gala que se celebrará este sábado 6 de abril no Teatro Colón da Coruña. Un elenco de 50 artistas a incluír pandereiteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro, porán en escena pezas que van desde o trío tradicional aos cantos de taberna.

AUDIO
Xota das Cortellas. Xacarandina. 2006
AUDIO
Muiñeira de Laxoso. Xacarandaina 2006.
AUDIO
Xota de Cabra. Xacarandaina 2018.
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer