Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Gramola Gominola presenta en Pontevedra o seu terceiro disco

CON 'BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ' A BANDA DE ROCK INFANTIL PON EN VALOR AS SUPERHEROíNAS QUE CAMBIARáN O MUNDO

A Gramola Gominola presenta en Pontevedra o seu terceiro disco

INFANTIL | abril 5, 2019

Bravas_capa_gramolaG.jpg

No marco do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o grupo A Gramola Gominola presenta este sábado 6 de abril o seu novo traballo de música infantil: BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ (Sonárbore, Ed. Galaxia). A banda de rock ofrecerá un concerto a partir das 19.00 horas no Pazo da Cultura para dar a coñecer e iniciar a distribución deste terceiro traballo da banda que gañou o Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil, que se lle entregou no mesmo recinto onde mañá presentan este traballo. Segundo comunica a formación, o libro-disco, pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As protagonistas de BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ, ilustradas por Iago Araujo, viven mil aventuras. A Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. A Gramola Gominola nace en 2015 como unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). Trala estrea de Pontevedra, a banda presentará o novo proxecto o 21 e abril, ás 18.00 horas, no Teatro Colón da Coruña.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer