Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 17° Ribeira Sacra Festival presenta artistas e espazos para a súa terceira edición

O EVENTO ESTá PENDENTE DE APOIOS DA DEPUTACIóN OURENSá PARA OFRECER UNHA FIN DE SEMANA A MAIORES

O 17° Ribeira Sacra Festival presenta artistas e espazos para a súa terceira edición

MISCELáNEA | abril 5, 2019

imaxe non dispoñible

O festival 17° Ribeira Sacra deu hoxe a coñecer o seu cartel de artistas confirmados para a programación Paisaxe desta terceira edición, a falta dalgunhas “sorpresas” que aínda poidan chegar, segundo Carlos Montilla, director do 17° Ribeira Sacra. Entre o 18 e o 21 de xullo Terán lugar en oito localizacións diferentes os 13 concertos das sesións Paisaxe desta terceira edición. Tres adegas, o parador de Monforte, o miradoiro de Santiorxo, a reitoral de Gundivós a Praza de España de Chantada e o barco catamarán de Doade acollerán estas actuacións. O cartel artístico "aposta pola variedade e a diferenciación" nun contexto de saturación de festivais no que, Segundo Montilla o 17° Ribeira Sacra non quere presentarse como "un festival temático" e ademais preséntase cun concepto afastado dos eventos masivos buscando un público diferente tamén. O arxentino Kevin Johansen, o estadounidense Jonathan Wilson e a a veterana banda de rock Los Enemigos encabezan as propostas este ano. Tamén están as galegas Marem Ladson e Cora Velasco, Enric Montefusco, McEnroe, Delafé, Jacobo Serra, Champs, Alberto&García, 39th& The Nortons e Soledad Vélez, esta última será quen dará o concerto a bordo do catamarán. Hoxe ás 20:00 horas dá comezo tamén no mesmo lugar da presentación, a fundación DIDAC de Santiago, o ciclo de concertos 17° Delicatessen, antesala do festival, coa actuación de Santi Araújo en entrada libre ata completar aforo.

O evento preséntase xa como unha cita consolidada na que a música, sendo un eixo moi visible do festival, mantense en igualdade de importancia respecto aos outros tres (viño, gastronomía e patrimonio) no que á experiencia do seu público se refire. O pasado ano celebrouse en dúas sesións diferenciadas, Paisaxe (a que se ven de presentar hoxe) e Patrimonio e en dúas fins de semana diferentes. Ademais de Carlos Montilla e Cristina Miranda por parte da organización, asistiron á presentación Jacobo Sutil, director de AGADIC e Eduardo Vidal, deputado de Turismo da deputación de Lugo, que apoia o festival. Mencionouse por parte deste último a ausencia da deputación de Ourense como unha situación a lamentar, dado que "o Sil non separa dúas provincias, as une" asegurou. Neste sentido, a segunda parte do festival, as sesións Patrimonio, que se celebraría nunha segunda fin de semana a maiores do hoxe presentado, están "condicionadas ao apoio da Deputación de Ourense" segundo nos confirmou Carlos Montilla, para celebrarse nesa parte do territorio.

A disposición da candidatura de Patrimonio da Humanidade
O festival mantén o seu compromiso de por en valor a riqueza territorial e patrimonial da zona. A convocatoria desta presentación veu coincidir coa declaración da Ribeira Sacra como candidata española ante a UNESCO para Patrimonio da Humanidade no 2021 o que motivou a Montilla a asegurar que o 17° Ribeira Sacra "se pon á disposición da candidatura para apoiala en todo o posible e conseguir o éxito da proposta". A ese respecto o festival organizará unha serie de encontros profesionais nos que se reunirán representantes de outras zonas vitivinícolas de Europa que xa teñen experiencia con esas candidaturas como o Douro, Borgoña, Piamonte, Champagne ou Tokai, para crear unha rede de Territorios Patrimonio e abrindo vías de colaboración futuras.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer