Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Faia debuta en solitario con Ao cabo leirín

A ARTISTA MESTURA CANCIóNS TRADICIONAIS CON AMBIENTES SONOROS CONTEMPORáNEOS

Faia debuta en solitario con Ao cabo leirín

FUSIóN | abril 9, 2019

cabo_leirin_faia2.jpg

Faia Díaz Novo, membro de De Vacas, o Coro Encaixe ou Apatacón acaba de iniciar a súa carreira en solitario. Ao cabo leirín é o título do primeiro disco de Faia, un lanzamento de seis temas no que a voz, a interpretar cantigas de feitío tradicional, aparece como protagonista absoluta. Acompañána ambientes sonoros contemporáneos que se desesnvolven en colaboración con Hevi, de Fluzo e Malandrómeda, a crear un innovador contraste. O proxecto complétase coas videocreacións de Sara Traba que acompañan cada unha das cancións. O álbum pódese escoitar íntegro no web da artista, onde tamén se poden ver os vídeos correspondentes a cada tema.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer