Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace na Coruña o festival REC Fest de rock

CELEBRARASE EN NOVEMBRO NO COLISEUM E REUNIRá SEIS BANDAS PARA SEIS HORAS DE EVENTO

Nace na Coruña o festival REC Fest de rock

ROCK | abril 11, 2019

imaxe non dispoñible

Rock en Coruña REC Fest é un novo encontro musical na cidade herculina. Un festival que xurde aspirando a converterse en referencia a nivel estatal para os amantes da música de guitarras na súa versión máis enerxética. A primeira edición do evento xa ten data, hora e cartel, terá lugar o sábado 23 de novembro de 2019, a partires das 19.00 horas, no Coliseum d’A Coruña. Seis horas de sons incendiarios e música combativa. Co propósito de ser ecléctico dentro do xénero do rock, no cartel do REC Fest teñen cabida sons coma o Punk, o Ska, o rock clásico, o Metal, o Hardcore, os ritmos urbanos, a fusión, etc. Na cita non faltan figuras de alcance nacional e internacional e bandas con acento galego. No cartel da súa primera edición dánse cita Ska-P, Dakidarría, La Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre. As entradas do REC Fest estarán dispoñibles a partires do vindeiro luns 15 de abril a través das plataformas online Ticketea e Ataquilla e, físicamente, no Quiosco da Praza de Ourense. O REC Fest (Rock En Coruña) é un festival organizado pola promotora
de eventos Galicia Vella, coa colaboración do Concello de A Coruña.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer