Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Familia Caamagno presentan o seu novo disco 'Había que intentalo'

A SALA CAPITOL ACOLLE MAñá A PRESENTACIóN COA COLABORACIóN DE OH AYATOLLAH!

Familia Caamagno presentan o seu novo disco 'Había que intentalo'

POP | abril 12, 2019

imaxe non dispoñible

Como xa ocorrera co seu anterior traballo discográfico, os sigüeiráns Familia Caamagno elixiron a Sala Capitol de Santiago para a presentación do seu novo traballo Había que intentalo (Folc Records). Estes sábado 13 de abril a banda convocará aos seus fieis e celebrar a ocasión oficialmente, acompañados ademais por outra banda da corda, os Oh Ayatollah!. A banda de power pop en galego mantén a súa liña sonora bailable, divertida e chea de enerxía e a súas letras contemporáneas apegadas ao territorio e á vida real. O novo álbum, que xa está nas plataformas dixitais, está formado por oito cancións e máis un bonus track, cos que achegan novos himnos, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista. O novo traballo, o terceiro disco editado pola banda, está gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos estudios Circo Perrotti de Xixón. Ao igual que os dous anteriores está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosión, agás o corte Canción Moderna de Occidente, que está producido, gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters (Berlín) en maio de 2018.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer