Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de la Luz presume de eclecticismo na súa oitava edición

TRINTA NOMES NO CARTEL DESTE ANO CUXOS BENEFICIOS ESTáN DIRIXIDOS A ASOCIACIóNS PARA A INFANCIA

O Festival de la Luz presume de eclecticismo na súa oitava edición

MISCELáNEA | abril 12, 2019

imaxe non dispoñible

A oitava edición do Festival de la Luz presentouse hoxe en sociedade na sede de CaixaBank en Santiago, un feito pouco usual pero explicable ao sumar o patrocinio da Obra Social LaCaixa a este evento. Farruco Castromán da promotora ZircoZine e Paco Pérez Bryan, organizador e parella de Luz Casal, desvelaron as características que este ano terá o festival- romaría de Boimorto. A falta dalgunhas confirmacións a maiores que terán lugar a finais de xullo o festival de La Luz ten xa un cartel con máis de trinta nomes que pasarán por algúns dos seus dous escenarios entre os días 5 e 7 de setembro. Paco Pérez Bryan reivindicou como sinal de identidade do festival o carácter ecléctico da oferta musical do evento que inclúe nomes que “forman xa parte da historia da música pop española”. Así podemos ler os nomes de bandas de sobrada traxectoria como Celtas Cortos, Orquesta Mondragón, Mikel Erentxun ou Amparanoia xunto a abandeirados da escena indie actual como Egon Soda, Ángel Stanich, Arizona Baby , Diavlo, Putochinomaricón, Broken Peach, Delaporte ou Kitai ata as presenzas internacionais como a electrónica islandesa a cargo de Gus, Gus. Tamén a escena musical galega estará moi presente nesta tres xornadas grazas a nomes como Basanta, Presumido, BFlecha, Cepeda (OT), Riff Raff, Ortiga, Tiruleque, Silvia Penide, As Netas de Mauriza e a Banda de Música de Arzua, esta última preséntase como unha das grandes sorpresas xa que consegue, grazas ao seu éxito e aceptación en edicións anteriores no horario de mañá, un posto no horario de noite máis multitudinario. Tamén se unen no cartel Andhrea & the Black Cats e Allova, bandas seleccionadas por Mahou de entre os proxectos participantes no Coworking de Emprendemento Musical organizado pola Fundación Paideia.

A programación por días e as entradas para o evento xa están dispoñibles desde hoxe mesmo na web do Festival de la Luz e Festicket a prezos de entre 10 e 15 euros. Esta edición do Festival de la Luz é posible grazas ao apoio e colaboración de: Estudios Mans, CaixaBank, Gadis, Mahou, AIE, Viajes Interrías, Feiraco, HGA, Coca-Cola, Petroni, Fundación Sgae, Juifi, Concello de Boimorto, Deputación de Coruña, Agadic, Fest Galicia, Inorde e Cadena Ser.

Solidariedade coas crianzas con enfermidades graves
Como xa é habitual toda esta programación lévase a cabo na finca natal de Luz Casal, anfitrioa e alma mater do evento, que foi un dos primeiros deste tipo en apostar polo rural. A cantante comezou hai oito anos este proxecto con ánimo solidario de cara á loita contra co cancro para despois ir diversificando a solidariedade noutros motivos (na actualidade leva repartidos máis de 550.000€ a diferentes causas solidarias). Este ano será a infancia afectada polas enfermidades mentais e o cancro a receptora dos beneficios xa que a recadación se repartirá a medias entre as asociacións Anxiños e Asanog. A asociación Anxiños, conta cunha casa en A Baña para axudar á recuperación e integración de crianzas e adolescentes con trastornos mentais graves, destinará os fondos para a contratación de persoal profesional de atención de forma continuada. A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), contribúe en apoio aos nenos que sofren cancro e aos seus familiares.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer