Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Silvia Penide presenta o seu sétimo disco 'El efecto boomerang'

A ARTISTA E A SúA BANDA ESTARáN EN ARTEIXO ESTE VENRES CO NOVO TRABALLO

Silvia Penide presenta o seu sétimo disco 'El efecto boomerang'

CANTAUTOR | maio 2, 2019

penide_efecto_boomerang.jpg

Tras da súa publicación en plataformas dixitais Silvia Penide presenta en concerto este venres, 3 de maio, no auditorio de Arteixo o seu novo traballo discográfico El efecto boomerang (El niño de la Hipoteca Records, 2019) e xa estará dispoñible con formato físico en CD. A artista presenta seis cancións de pop fieis á súa traxectoria con letras de intimidade e poesía que ademais, neste caso parecen cada unha delas consignadas no libreto como unha canción para unha situación concreta, como recursos sonoros para acompañar momentos ou situacións da vida. Así, por poñer algúns exemplos, a que abre o disco El Salto aparece como "Canción para recapitular" e a que o pecha Outro día que chega, cantada en dúo con Ugia Pedreira é como unha canción de nana que aparece como "Canción para levantarse". Polo medio a canción que dá nome ao disco El efecto boomerang ofrécese como "Canción para decir adiós cuando no se quiere decir adiós pero hay que hacerlo". O disco está dedicado pola autora "ás persoas que me faltan , ás que teñen que despedirse e a todo o gremio de Auxiliares de enfermería".

Este é o sétimo disco de estudio da artista coruñesa que chega xusto cando acaba de finalizar a xira Raiz coa que celebraba quince anos de carreira musical. Un disco inzado de arranxos elegantes e sutís que amosan un traballo delicado e achegan profundidade e pingas de emoción, editado co que é o seu novo selo El Niño de la Hipotéca Records (Barcelona) e gravado no Estudio Raro Tempo de Madrid, producido por David San José e no que tamén conta coa colaboración no tema Descredo do cantautor Javier Álvarez. O concerto en Arteixo, localidade na que vive a súa familia o que lle dá máis emoción, é tamén a oportunidade de vela acompañada da banda coa que fará os seus directos, na que están Carla López aos teclados, Paul Álvarez á guitarra e Bruno Couceiro á batería.


datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer