Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Santiago inaugura o primeiro ciclo Primavera Jazz

A CAPITAL PAGA UNHA DéBEDA CO XéNERO QUE NON TIñA EVENTO ASOCIADO NA CIDADE

Santiago inaugura o primeiro ciclo Primavera Jazz

JAZZ/BLUES | maio 6, 2019

imaxe non dispoñible

Finalmente Santiago parece terlle achado un oco para o jazz na súa axenda de eventos. Entre os días 8 e 12 de maio un total de 15 artistas encherán de jazz dous espazos públicos da capital galega e varios locais hostaleiros no que será o primeiro evento dedicado a este xénero musical nunha cidade na que sempre estivo presente a través da súa programación de concertos en salas ou das súas festas . A cabalo entre os formatos de ciclo e festival a primeira edición do Primavera Jazz aparece como unha oferta que ademais serve para enlazar culturalmente os espazos da zona nova de Santiago e do casco monumental. A programación, centrada neste estilo musical ven convenientemente impulsada dende o Concello, o que fai posibles os concertos nos locais de hostalaría en virtude da Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, e conta coa colaboración da Asociación Veciñal Raigame, do Ensanche, e da Asociación Cultural Cidade Vella.

O Primavera Jazz arrancará na zona vella. O groso das actuacións na cidade histórica serán na praza da Quintana. Alí tocarán David Regueiro Trío; Xacobe Martínez Antelo Trío; Da Silva, Salgueiro, Pazos Trío; Pablo Castaño Quartet e Simón García Quartet. Locais senlleiros do jazz na cidade, como o Pub Borriquita de Belem ou a Casa das Crecvhas tamén acollerán actuacións encadradas neste evento como Manuel Gutiérrez Trío, Marcos Pin Trío, Nancy Rodríguez e Sumrrá. No Ensanche o epicentro colocarase na Praza Roxa, por aí pasarán The Swinging Flamingos, Abe Rábade, Alejandro Vargas Trío, Transversal Art Ensenble e Valentín Caamaño Quartet. O Rock Café e o Bar Galopín serán os locais desa zona da cidade onde se levarán a cabo tamén concertos do ciclo como os de Pablo Sax Trío e Paulo Silva Trío respectivamente.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer